fbpx

Inicio

Benvido a Rehabitat Humidades. Agardamos que canto aquí compartamos, sexa do teu interese e do teu agrado.

PROBLEMAS DE HUMIDADES

Por condensación

Causas

A principal causa somos as persoas cos nosos hábitos de vida cotiáns: respiramos, duchámonos, lavamos, cociñamos, …

Algúns métodos modernos de construción, tamén contribúen paradóxicamente, a xerar condensación.

¡As vivendas teñen que respirar!

Consecuencias

Son evidentes: aparición de manchas negras de mofo nas paredes, na roupa dos armarios, bafo nos cristais, malos olores dentro da casa, unha maior dificultade para quentar a vivenda, proliferación de fungos e ácaros.

Por filtracións

Causas

Unha deficiente (ou inexistente) impermeablización dos muros e fachadas, implica que a auga penetre no revestimento interior do edificio.

Consecuencias

Danos en acabados do interior.
Apreciase corrosión en elementos metálicos.
Aparición de mofo. Deterioro de bens almacenados.
Debilitamento da mesma estrutura do edificio.

Por capilaridade

Causas

A capilaridade é a causa máis frecuente de que aparezan humidades nos muros e paredes, debido á absorción de auga existente no chan, polos materiais usados en construción.

Consecuencias

Danos de importancia en estruturas de muros e en acabados tanto de interiores como de exteriores (esconchados, agretado, salitre…).

COMO ESTES PROBLEMAS DE HUMIDADES REPERCUTEN NA NOSA SAÚDE

Nun ambiente con humidade, con problemas de condensación, danse as circunstancias idóneas para que proliferen ácaros, fungos, bacterias. Pódese dicir que, estimativamente, ao redor dun 80% das persoas asmáticas presentan alerxia ás feces dos ácaros.

Un exceso de humidade no ambiente facilita contraer enfermidades respiratorias (asma, sinusite, bronquites) causa un aumento das dores reumáticas…

En toda esta problemática, deberíase prestar un especial coidado ós bebés e as mulleres embarazadas.

UN FOGAR SEN HUMIDADES: UN FOGAR SAUDABLE

Confíe en nós, porque temos a solución a estes problemas de humidades, ademais de poder levar a cabo unha reforma integral do seu fogar, chave en man.

DERRADEIROS ARTIGOS PUBLICADOS