fbpx

¿CAL DEBE DE SER O NIVEL DE HUMIDADE IDEAL NUNHA CASA?

Imos definir antes un concepto importante relacionado ca humidade, que é o Punto de Rocío: temperatura á cal o vapor de auga contido nunha masa de aire, convírtese en vapor saturado, dando lugar á aparición de gotas de auga, debido á condensación de dito vapor. Estas gotas adoitan aparecer en superficies frías dentro das estancias da vivenda. E éste é un aspecto moi importante en relación co confort da mesma.

Se a humidade é excesiva, condénsase, como vemos, e iso perxudica ós habitantes pola formación de mofos e a proliferación de bacterias. Pero é que tamén deteriora o mobiliario, a roupa dos armarios, a pintura e os tabiques da vivenda.

Ademais temos que dicir que unha persoa produce de 3 a 5 litros de vapor de auga ó día, ó que hai que engadirlle o vapor desprendido polos alimentos ó cociñar, o dos baños, o da roupa lavada, etc. E outro factor a considerar e que inflúe de maneira notable no confort é a velocidade do aire no ambiente. Un aire en repouso ou ben circulando a unha velocidade apropiada, fai cambear a sensación de benestar que sintamos.

Por tanto, podemos concluir que como apuntan diferentes estudos, o nivel ideal de humidade nunha vivenda está nunha franxa comprendida entre o 40% e o 60% de humidade relativa. Por riba desos niveis, é moi frecuente a aparición de fungos, e as conseguintes afeccións alérxicas das persoas que na vivenda convivan.

A %d blogueros les gusta esto: