fbpx

PATOLOXÍAS DAS HUMIDADES ESTRUCTURAIS NA EDIFICACIÓN

Estas humidades entrañan riscos para os cimentos e a estrutura dos edificios afectados polas mesmas. Provocadas ditas humidades por fenómenos de condensación, infiltracións laterais e capilaridade.

Por poñer un exemplo, un muro de carga afectado por unha patoloxía de infiltración ou capilaridade, pode chegar a perder ata a metade do seu poder de carga. En casos extremos nos que a estrutura danada polas humidades non soporta a totalidade do peso da carga, pódese chegar a un colapso estrutural. É dicir, a un derrube parcial ou incluso total da estrutura do edificio.

Outro efecto importante é o que ten que ver co consumo enerxético dos aparatos de calefacción: dito consumo enerxético, dispárase ó haber humidade no fogar, porque esta provoca unha sensación térmica de frío..

Un recente informe da OMS (Organización Mundial da Saúde) asegura que máis de 100.000 persoas morren cada ano en Europa por habitar vivendas non acondicionadas adecuadamente. Este informe inclúe a humidade entre os factores de risco asociados á vivenda. Porque a humidade non só afecta á deterioración da estrutura da vivenda, senón que afecta a todos ós habitantes da mesma, como xa dixemos noutras ocasións, podendo chegar a provocar problemas respiratorios, alérxicos, dores musculares e mesmo enfermidades pulmonares.

A %d blogueros les gusta esto: