fbpx

UNHA ONDA DE FRÍO SEMPRE AGRAVA ÓS PROBLEMAS DE HUMIDADE

As ondas de frío que adoitamos sufrir en Galicia, en inverno sobre todo, claro está, ademais de desagradarnos a moitos de nós, adoitan empeorar ós problemas de humidades nos fogares.

Cun brusco e prolongado descenso das temperaturas, experimentamos dentro da casa esa sensación incómoda e permanente de ter unha maior presenza de humidade. Un dos factores que máis influencia ten na humidade da nosa vivenda é a temperatura exterior. Ao disminuir ésta, prodúcese unha maior diferencia de temperatura entre o exterior e o interior. Como consecuencia, a temperatura das paredes en contacto co exterior da nosa vivenda, estarán máis frías. E xerarase un problema de condensación cando o aire do ambiente de dentro entre en contacto cunha superficie que teña unha temperatura inferior á temperatura de rocío.

Así, unha das consecuencias máis habituais e visibles é que se nos embacen os cristais das xanelas da vivenda. Pero, de persistir este fenómeno, é fácil tamén que aparezan manchas de mofo en zoas da vivenda como o contorno das xanelas, por exemplo. Se ademais hai pontes térmicos na vivenda estas consecuencias habituais, vanse a ver agravadas.

E si esto é algo que sucede na túa vivenda durante todo o ano, ó máis importante, ademais de identificar a orixe da humidade, é atoparlle e poñerlle a pertinente solución. E ahí entramos nós, se tí queres.

A %d blogueros les gusta esto: