fbpx

BEBÉS E HUMIDADE: CONSECUENCIAS DE DURMIR CON MOFO

O exceso de humidade nunha habitación pode causar a aparición de mofo, diminutas esporas que poden entrar nos pulmóns do bebé e crearlle problemas de saúde (alerxias, problemas respiratorios ou infeccións pulmonares).

Dos tres tipos que máis afectan á saúde, destaca un, a Alternaria (que é o tipo de fungo que habitualmente máis medra nas habitacións con humidade). Lóxicamente teñen máis risco de desenvolver enfermidades relacionadas ca humidade os bebés, os nenos pequenos, os anciáns, as mulleres embarazadas, e/ou as persoas cun sistema inmunolóxico máis debilitado.

Se o bebé ten alerxia á humidade, a existencia de mofo na súa habitación provocaralle unha reacción alérxica cos síntomas típicos (ollos chorosos e arroibados, conxestión nasal, esbirros, picores, asubíos no peito, problemas para respirar…)

Por citar un estudo realizado por investigadores da Universidade de Birmingham (Reino Unido) a humidade acumulada no fogar, así como o olor a mofo, duplica o risco de desenvolver asma en nenos de 1 a 7 anos

En definitiva, todo ven a concluir que, si detectas que hai humidade ou mofo na habitación do teu fillo (ou en calquer outro sitio da casa) o noso consello é que deberías solucionar o problema canto antes, porque está comprobado que máis que o tipo de mofo que haxa na túa vivenda, ó que máis perxudica á túa saúde e a da túa familia, é estar moito tempo exposto a dito mofo. E aquí aproveito para dicirche que nós temo-la solución para que te esquezas dél e tamén da humidade, para sempre.

A %d blogueros les gusta esto: