fbpx

A HUMIDADE DESTRÚE EN RIBADEO (LUGO) UN MURAL DO SÉCULO XVII ÚNICO EN GALICIA

A humidade está destruendo dende fai polo menos dous anos, un dos obxectos máis simbólicos da historia de Galicia: un mural de principios do século XVII que ilumina un recoleto Santuario, ó da Nosa Señora das Virtudes en A Ponte de Arante (Ribadeo – provincia de Lugo -). Varios expertos avalan o que se considera o único mural sobre temas do mar do século XVII existente en Galicia.

O seu interese radica en boa medida nas súas pinturas, que ata 1970 estiveron cubertas por cal. Entre elas sobresae un exvoto que relata o milagre da Virxe en favor do navío Santa Catalina, ocurrido en 1595.

A mediados de xuño do ano 2017 viuse como unha pintura que superara a friolera de 400 anos e unha grosa capa de cal, comezaba a ser destruída por unhas humidades que avanzaban dende o exterior do Templo.

Nun acto na propia eirexa, en maio de 2018, no que o profesor Emilio Piñeiroa presentaba un libro sobre dito Santuario, iste docente aproveitou a presenza de autoridades para chama la atención e alertar do que alí estaba pasando co mural. Fai só uns días (esta nova é do día 22 de febreiro de 2019 e foi publicada en “La Voz de Galicia”) técnicos de Patrimonio persoáronse no templo e elaboraron un informe concluinte. A Consellería de Cultura recoñece que as filtracións do exterior están afectando ó mural e que se ten prevista realizar unha intervecnión de urxencia para consolidar as pinturas murais.

O mural do Santuario da Nosa Señora é unha ofrenda de agradecemento do capitán de infantería Domingo de Carranza e Aguiar, que de milagre, salvouse dun naufraxio, atribuindo dito salvamento á intervención da Virxe. Cóntase na pintura que cando en 1595 navegaba cara ás Indias, no cabo de San Antón, o seu navío víuse no medio dunha gran tempestade, ó que provocou que Domingo de Carranza caese ao mar. Foi entón cando se encomendou á Virxe e o mar calmouse, chegando a tripulación sa e salva ó porto. O capitán xa estivera en A Ponte de Arante en 1954 e ao seu regreso en sinal de agradecemento, ordeou pintar o mural, que ten data de 1606.

A %d blogueros les gusta esto: