fbpx

FALEMOS DE HUMIDADE E DE ÁCAROS

Sempre dicimos que a humidade nos nosos fogares, facilita a proliferación de ácaros, e que as feces destes provocan alerxias en moitos casos. Pero ¿qué son os ácaros, qué pinta teñen, cómo se relacionan coa presencia dunha maior humidade dentro da vivenda?

Ó ser seres tan diminutos hai quen pensa que son insectos ou incluso bacterias. Nada diso é certo. A resposta acertada, é que se trata dun artrópodo. Son animais da familia arácnida. Iso é, son arácnidos.

Son seres rechonchos, provistos de entre seis e oito patas, e tamén dunha coraza que lles sirve de protección. Fotografíanse con microscopios, porque doutra maneira é imposible velos.

Ácaro ao microscopio electrónico

E non hai dúbida, os ácaros pican. ¿E qué síntomas causan as súas picaduras?

.- Picor na pel, erupcións cutáneas, ronchas, úlceras, sarpullido…

Normalmente as picaduras de ácaros vense na pel como unha pequena (ou non tan pequena, porque tamén poden ir a máis e acabar infectándose) mancha vermella, lixeiramente inflamada.

Hai ácaros que viven no po e ata poden causar reaccións alérxicas importantes. Prosperan en ambientes húmidos. Pero ademáis, istes ácaros poden ser o desencadeante máis común de alerxias e de asma durante todo o ano.

A maioría destes ácaros do po, morren cando os niveis de humidade son baixos. Así que por ahí hai que atacarlles, mantendo por exemplo un nivel de humidade por debaixo do 50%. Fíxate, só con rebaixar un 5% a humidade no teu fogar, estarás dividindo por 6 a poboación de ácaros. Porque, insistimos, hai unha relación alta entre a humidade relativa da túa vivenda e a cantidade de alimentos que os ácaros absorben, así como na producción de feces por parte de éstos.

Así que arranxar os problemas de humidade e de presencia de ácaros no teu fogar, está nas túas mans, está nas nosas mans. Confía e contacta con nós.

A %d blogueros les gusta esto: