fbpx

VINCULAN AO GAS RADÓN CO CANCRO DE PULMÓN EN PERSOAS QUE NUNCA FUMARON

A ameaza provén do subsuelo e entra sen permiso nas nosas casas. É de alí de onde se libera o radón, un gas radiactivo de orixe natural moi presente en Galicia polo seu chan granítico rico en uranio, e que se pode acumular no interior dos edificios sen unha ventilación axeitada, ata convertirse nun risco para a saúde. Isto é tan verdade que está considerado como a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco.

Pero ¿ata qué punto hai unha asociación directa entre o radón e iste tipo de tumor? Un dos maiores estudos mundiais feitos, liderado polo Laboratorio de Radón de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, atopóu agora unha relación directa entre a concentración diste gas e o risco de cancro de pulmón. Acaba de comprobalo un estudo epidemiolóxico, no que participaron dez hospitais de Galicia, Asturias, Castela e Leon e de Madrid, feito con preto de 1.500 persoas que nunca fumaran na súa vida e das que 523 presentaban a enfermidade.

Os resultados poñen de manifesto que o radón pode producir un tumor pulmonar a partir de 200 becquerelios por m3, unha concentración que está por debaixo da directiva europea de radiacións ionizantes, que fixa o tope en 300 becquerelios/m3. Por contra, a OMS (Organización Mundial da Saúde) establece o tope en 100 Bq/m3 como valor ideal.

En Galicia, según as medicións levadas a cabo polo mesmo grupo, un 10% das vivendas supera a concentración de 300 Bq por m3. Un cidadán que vive nun entorno con altos niveis, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra, recibe a mesma radiación que recibiría si se sometese a facerse un tac cada ano. Galicia é a Comunidade con máis presenza de esta sustancia natural no subsuelo, cun 70% do seu territorio afectado.

A ameaza do radón, que procede do subsuelo, pódese evitar en boa medida cunha axeitada ventilación. As súas maiores concentracións atópanse en sótanos e bodegas.

De todas maneiras, trátase dunha relación probabilística, polo que non siñifica que todas as persoas que están expostas ó radón vaian a sofrir un tumor de pulmón, da mesma maneira que non siñifica que todas as persoas que toman o sol, vaian a sofrir un melanoma.

Ó que sí resulta moito máis perigoso é a nociva combinación entre o tabaco e o radón. Nos fumadores habituais que viven en casas expostas a altos niveis do gas, o risco de sofrir un tumor pulmonar pode chegar a multiplicarse por 73.

E precisamente, un dos grandes beneficios do Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación (VMI) que nós propoñemos, que estamos en disposición de instalarche na túa vivenda, é que supón unha moi boa barreira ó gas radón, pola nova ventilación que trae consigo e pola continuada e controlada renovación do aire que vai acompañada da evacuación do aire viciado. Non ó dubides.

A %d blogueros les gusta esto: