fbpx

MÁIS SOBRE O PERIGOSO GAS RADÓN (PROVINTE DA DESCOMPOSICIÓN DO URANIO)

La Voz de Galicia, con data 26 de xuño de 2019 publica información moi interesante ao respecto, que vou tratar de resumir neste artigo.

O laboratorio da Universidade de Santiago de Compostela que mide este gas (leva feitas unhas 4.300 medicións na Comunidade Autónoma Galega) – a principal causa de cancro de pulmón en persoas non fumadoras – está a incorporar información máis precisa de cada municipio galego. E por provincias, Ourense e Pontevedra son nas que se detecta unha maior concentración de radón (gas de orixe natural, localizado sobre todo en suelos de zonas graníticas). Ourense e Pontevedra, cunhos porcentaxes do 22,9% e do 19,8% respectivamente das vivendas medidas, superan o nivel de referencia de 300 becquerelios por m3 que marca a normativa europea sobre este tema. Segundo a Organización mundial da Saúde, por cada 100 Bq/m3 que se incremente o nivel de referencia, o risco de un tumor de pulmón aumenta nun 16%. E tamén é certo que si un é fumador e vive en edificios altamente expostos, o risco dispárase.

Galicia é a Comunidade con máis información sobre este asunto , xa que o mapa a nivel estatal inclúe apenas 12.000 medicións. O estudo ó que facíamos mención antes informa xa de 38 municipios galegos, aínda que están rematados máis de 60. Só o municipio de Santiago de Compostela ten unhas 260 medicións. Da provincia da Coruña hai 1.794 rexistros en domicilios e 1.412 na provincia de Pontevedra. Por concellos, é o de Vigo o que acumula un maior número de medicións, con 409.

Resulta curioso sinalar que o risco difire incluso entre lugares distantes poucos Kilómetros.

Pero non hai que esquecer unha cousa básica: o maior risco para o cancro de pulmón é fumar.

Voltando o gas radón, que é ó que nos ocupa neste artigo, o novo Código Técnico da Edificación e a trasposición da normativa europea, traerán consigo medidas que obligarán a previr dito gas nas vivendas de nova construcción. E a normativa autonómica galega xa contempla algunhas axudas específicas para adoptar medidas en vivendas construídas e así poder reducilo.

Ó que se chama un sistema de ventilación forzada, é dicir, a nosa VMI (Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación) que estamos en disposición de instalar no seu fogar para solucionar e evitar as humidades por condensación, tamén serve (e así está demostrado) para rebaixar de maneira significativa os niveis de gas radón nas estancias interiores da casa. Contacte con Castro Parga Rehabitat, e gustosamente lle informamos detidamente sobre diso.

A %d blogueros les gusta esto: