fbpx

O MUNICIPIO DE CASTROVERDE (LUGO) PREOCUPADO POLO GAS RADÓN

Afortunadamente os medidores deste gas, polos casos de cancro, non ven perigo pola concentración daquel, no municipio de Castroverde. E non ven perigo porque as medicións efectuadas determinaron en tódolos casos “niveis normais” da concentración de radón, “nada por encima do que se considera perigoso” para a saúde das persoas.

Xa fai uns meses a Xunta de Governo do Consistorio Municipal decidiu instalar 40 aparatos detectores de gas radón, por un período de tempo de catro meses mínimo, en sete edificios do municipio, ademáis de no Consistorio e no colexio.

Todo esto foi debido a que un número elevado de persoas relativamente xóvenes, enfermaran de cancro neste municipio. Encargouse por iso a unha empresa privada adicada a este tipo de medicións, un estudo para comprobar si realmente era preocupante a presenza de radón nunha parte do municipio.

O primeiro edil defendeu a realización deste estudo porque o radón é un “asasino silencioso”, é a segunda causa de morte por cancro de pulmón e a responsable de entre un 3% e un 14% deste tipo de enfermidade en todo o mundo, según a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Alegrámonos polos nosos conveciños de que as medicións arroxasen resultados negativos e tranquilizadores. Moito mellor así. Con todo queremos que saiba que unha maneira efectiva e contrastada de minimizar a presenza de gas radón nas dependencias interiores dunha casa é mediante a instalación dun sistema de ventilación forzada, ó que en Castro Parga Rehabitat chamamos un equipo VMI (Ventilación Mecánica por Insuflación). Se quere saber máis disto, por favor contacte connosco.

A %d blogueros les gusta esto: