fbpx

A HUMIDADE PODE DEVALUAR O PREZO DA SÚA VIVENDA

O aspecto dunha vivenda é esencial para a súa venda. E en moitas ocasións, simplemente con lavarlle a cara antes de poñela á venda, non é suficiente.

Todos sabemos ou intuimos polo menos, que unha vivenda con humidades verá devaluado ó seu prezo, pero non sabíamos cánto exactamente. Pois ben, o Colexo de Administradores de Fincas en Madrid, deunos o dato: ata un 35%.

As consecuencias dos problemas de humidade son sobradamente coñecidas por todos, ademáis dos danos materiais e estéticos, tamén poden supoñer unha merma para a saúde das persoas que viven alí.

A humidade pode tamén chegar á estrutura do edificio, de maneira que en moitas ocasións a raíz do problema non se atopa visible. E non pode esquecerse tampouco que o Código Civil establece que o propietario está obrigado a facerse cargo dos problemas ocultos que poida ter a vivenda antes de vendela.

A mellor alternativa para non ter problemas, é arranxar o foco de humidade. O sistema máis axeitado para conseguilo dependerá do tipo de humidade que teña a vivenda.

Dende Castro Parga Rehabitat queremos sinalar que as humidades poden deberse básicamente a tres causas: condensacións, capilaridade ou ben a filtracións. É necesario realizar un diagnóstico acertado para elexir a mellor elección posible e acabar co problema de base, eliminándoo para sempre. Soamente así evitaremos cometer unha ilegalidade na venda da vivenda ou vender esta por un prezo un 35% máis baixo do que consideraríamos xusto.

E Castro Parga Rehabitat diagnostica e garantiza todos os traballos necesarios para solucionar calquera problema de humidade que poida deberse ás causas sinaladas con anterioridade. Contacte connosco e compróbeo.

A %d blogueros les gusta esto: