fbpx

OS NOSOS MAIORES E A HUMIDADE

As persoas da terceira idade son especialmente sensibles ós cambios de temperatura. Por iso quero adicar este artigo a aquelas persoas maiores que poidan estar vivindo ou pasando gran parte do seu día en estancias con humidades.

Os maiores chegan a ser os nosos grandes mentores, e son o noso refuxio, e son os nosos amigos de confianza, persoas á quenes amamos e quenes nos aman. Pero en ocasións esquecemos que, en moitos casos, están cargadiños de achaques e de padecementos.

Hai que proporcionarlles por tanto un entorno saudable, vixiando as súas viviendas de situacións desfavorables como a existencia de humidades. É importante preparalos para sobrelevar a temporada de outono-inverno que se aveciña. Ademais hai outro perigo de convivir con humidades, a posible acumulación de auga no suelo que pode provocar caídas moi perigosas a calqueira idade, pera a idades avanzadas, máis se cabe. Debemos ter en conta que a neglixencia con respecto á solución destos problemas, pode ter consecuencias graves e incluso levar acarreada a morte (sen ánimo de ser catastrofista).

Tamén os mofos e os ácaros producidos e favorecidos polas humidades liberan sustancias que causan asma e outras afeccións respiratorias, así como tamén agudizan as enfermidades reumáticas. De feito, se nos remitimos a unha investigación publicada polo Journal of Rheumatology, a maioría das persoas que padecen artrose son afectadas polos factores do clima e das humidades.

En definitiva, para cada problema de humidade existen diferentes oríxenes e diferentes patróns a seguir para solucionalo. Se os fogares dos nosos anciáns están sofrindo de tales padecementos, aproveito aquí para dicir que ó máis recomendable é poñerse en mans de expertos como Castro Parga Rehabitat. Invitámoslle a que solicite cando vostede ó estime oportuno, un diagnóstico gratuíto a nosa Empresa, lider en tratamentos anti-humidades, e lider tamén en reformas integrais da súa vivenda, do seu local comercial, etc.

A %d blogueros les gusta esto: