fbpx

O CLIMA DE GALICIA FAVORECE A APARICIÓN DE HUMIDADES NOS FOGARES

A Comunidade Autónoma de Galicia, caracterízase por ter uns invernos fríos e uns veráns máis ben moderados. E nas zonas máis altas, atopamos un clima de montaña. Así mesmo, moito do tempo é frecuente que sopre un vento do noroeste frío e húmido durante as estacións de outono, de inverno e incluso ás veces, dunha boa parte da primaveira.

Todas estas particularidades fan que a Comunidade Galega sexa unha rexión con graves problemas de humidade estrutural, ben sexan por capilaridade, por filtración ou por condensación.

As humidades por capilaridade proveñen do suelo e soben polos cimentos e polos muros debido ó efecto poroso e de gran capacidade de absorción de xuntas e ladrillos. É un tipo de humidade que pode ser grave se non se trata a tempo, e que termina debilitando a estrutura dos edificios e poñendo en perigo a estabilidade destos. Por iso, as vivendas unifamiliares de pranta baixa e antigas son normalmente ás que máis acusan estos problemas.

As humidades por filtración lateral prodúcense debido á penetración da auga dentro do edificio a través da parede de forma lateral, presente ao outro lado dun muro – neste caso no entorno húmido externo á casa – . A auga que acompaña a esta humidade penetra a través de ditos muros e vainos degradando lentamente, debilitando pouco a pouco a súa estrutura.

Así mesmo, Galicia conta con grandes cambios de temperaturas entre o exterior e o interior das vivendas. E tamén, porqué non dicilo, conta con deficiencias construtivas en canto a impermeabilización dos inmobles. Por este motivo tamén son moi frecuentes as humidades por condensación. Regueiros de auga nas ventanas, cristais embazados, manchas de mofo nas paredes, serán algúns dos primeiros síntomas que poderán aparecer. Dita patoloxía prodúcese fundamentamente, cando o vapor de auga, supera o 45% do ambiente dunha estancia e ocorre en boa medida debido a tendencia actual de aillar os fogares dunha maneira excesiva e de non ventilar adecuadamente, sumado á humidade do ambiente que aportan os habitantes (levando a cabo actividades cotiáns como bañarse, lavar, cociñar, secar a roupa…).

Por estes e outros motivos é importante detectar canto antes o foco da humidade e eliminala definitivamente con tratamentos e traballos como ós que a diario facemos Castro Parga Rehabitat, a súa Empresa de confianza para solucionar problemas de humidades e para levarlle a cabo reformas integrais, chave en man. Seguimos ao seu servizo.

A %d blogueros les gusta esto: