fbpx

FAGA A SÚA VIVENDA SOSTIBLE: ELIMINE A HUMIDADE

A humidade ascendente por capilaridade é unha patoloxía frecuente en vivendas antigas con ausencia de aillamento entre o terreno e os cimentos. As moléculas de auga teñen a característica de permanecer unidas pola forza de cohesión a outras moléculas de materiais diferentes, que sumado á porosidade dos materiais de construcción convirten ás vivendas en verdadeiras esponxas absorbentes.

Ademáis, existe unha alteración eléctrica no muro, que inflúe nas moléculas de auga. Os muros funcionan como unha batería cunha diferencia de tensión eléctrica que pode variar de 50/60 mV a 400/600 mV. Amplificando ó ascenso da humidade ata cen veces!

Os muros húmidos perden ata un 80% de capacidade aillante causando grandes perdas térmicas.

A humidade capilar é responsable do deterioro dos inmobles. Unha humidade moi alta no aire tende a reducir o confort de vida: os olores desagradables aparecen no aire, na roupa, nas cortinas, nos mobeis, etc. O mofo nas paredes é un problema ainda maior, as súas esporas son moi volátiles e o respiralas poden introducirse no tracto respiratorio e así causar unha serie de enfermidades graves como resfriados, alerxias, infeccións pulmonares, etc

Nós, Castro Parga Rehabitat, somos especialistas en erradicar todo tipo de humidades da súa vivenda, e unha delas é a que nos ocupa neste artigo e que se produce por un fenómeno de capilaridade. Contacte connosco e achegámonos a súa casa sen ningún compromiso. Facémoslle un diagnóstico gratuíto e se vostede así ó decide, solucionámoslle o problema de maneira definitiva.

A %d blogueros les gusta esto: