fbpx

LADRILLOS CAPACES DE REXENERARSE A SE MESMOS

Imos cun artigo que se sae un pouco do que habitualmente tratamos aquí e que adoita versar sobre as humidades e os problemas que traen consigo, pero que neste caso, pola miña condición de biólogo, e pola repercusión que cousas deste tipo poderán ter nun futuro próximo na construcción, paréceme moi interesante. E é que cando biólogos e enxenieiros traballan en equipo é posible o proxecto de crear cemento e ladrillos que estén vivos.

Introduzamos algúns conceptos, como é o da biomineralización: proceso polo cal algúns organismos vivos son capaces de xenerar minerais a partir da materia orgánica que consumen. De feito algunhas células do noso organismo xa o fan, xerando cristais de carbonato cálcico durante a formación dos nosos osos.

Os materiais que crea a biomineralización adoitan ter aplicacións de defensa ou sostemento, polo que son especialmente duros e resistentes.

E precisamente foi esta capacidade á que seduxo aos inxenieiros na búsqueda de novos materiais de edificación. Se se lograba aproveitar un material coa lixeireza e a forza dos materiais biolóxicos, isto podía dar pé a construccións máis estables e duradeiras. Pero o primeiro obxectivo desta unión entre inxenieiros e biólogos era obter un dos Santos Griales da inxeniería: un edificio que se reparara só.

OBREIROS MICROSCÓPICOS

Para facer edificios altos, precísase de materiais que sexan tanto lixeiros como resistentes e un dos mellores materiais da actualidade é o formigón. O formigón é un elemento moi lixeiro pero resistente, capaz de permañecer unido ao redor dunha estructura de metal e obter así un edificio alto sen custar demasiado diñeiro nin dificultades. O único problema é que pode deteriorarse ante terremotos, co paso do tempo ou cun dano exaxerado (como unha explosión nunha pranta). Nestos casos xéranse pequenas grietas internas ás que é difícil acceder e encher, poñendo en perigo a integridade completa do edificio.

Para solucionar este problema, os inxenieiros pensaron na biomineralización. Existen esponxas de mar capaces de crear silicatos a partir da area cunha consistencia semellante ao formigón, ó cal sería útil para pechar as fisuras. Pero en vez de usar esponxas, os avances de inxeniería xenética actuais permiten crear bacterias transxénicas capaces de ter esta habilidade.

Deste modo creouse un formigón especial mesturando as esporas destas bacterias co formigón. A bacteria permanece latente no interior do formigón ata que haxa algunha fractura. Nese momento só necesita un pouco de auga e glucosa para alimentarse e xa pode encargarse de transformar a area dos restos de formigón nun silicato endurecido. Obterase así un formigón cheo de micróscópicos obreiros capaz de rexenerarse , e os operarios só terían que botar auga na zona da fisura para ver como se pecha nunhas horas.

Pero existe un punto débil, e é que o cemento non é o mellor lugar do mundo para que as bacterias poidan crecer. Aínda que estén situadas na grieta e teñan comida, a temperatura non é ideal e o cemento tampouco ten unha boa humidade para que poidan vivir fácilmente. Por este motivo, ao probar este cemento en condicións reais, as bacterias adoitan morrer antes de pechar por completo a fractura. Aínda así segue sendo un cemento útil para fisuras pequenas e funciona mellor en países de alta humidade e temperatura.

Así que quizais se poida pensar noutra aplicación: ¿ e se se fan ladrillos?

O ATAQUE DOS LADRILLOS VIVENTES

Un equipo de investigadores estadounidenses adaptou este cemento para fabricar ladrillos biolóxicos. Estos ladrillos poden ser fabricados noutro sitio diferente ao da obra, e pódense cuidar as bacterias construtoras mentras fabrican o ladrillo.

Con esta idea crearon un “cultivo” de ladrillos ao que se lle engade area, xelatina e a cepa de bacterias construtoras. As bacterias usan a xelatina como alimento e soporte para poder crecer libremente mentres crean o silicato xerando un ladrillo sólido cunha estrutura e forza semellante á do formigón. Logo pódeselle dar un tratamento de calor ao ladrillo para eliminar de maneira ingrata as suas contrutoras e levalo a obra.

O cultivo de ladrillos é un proceso moito máis económico e rápido que o sistema tradicional. Ademais é menos contaminante xa que non require case enerxía. Aseméllase máis a cando se deixa un bizcocho coa levadura. Déixase o material do ladrillo e as bacterias encárganse do proceso.

Pero o mellor de todo é que estos ladrillos poden “reproducirse”. Pódese coller un ladrillo, partilo á metade, e poñer cada parte nun molde do tamaño do ladrillo orixinal. Se se engade máis area e xelatina e se agardan unhas seis horas, volveranse a ter dous ladrillos completos.

No estudo os científicos comprobaron que os ladrillos que se forman son suficientemente lixeiros e estables como para poder ser usados en construcción. Agora seguen buscando mellores cepas de bacterias que permitan unha formación do ladrillo máis rápida. Na actualidade usan cianobacterias, unha cepa coñecida polo seu baixo custe e a súa gran resistencia a temperaturas anormais, ó cal é un engadido.

Con estos dous estudos ábrese a veda para pensar de maneira realista en edificios con propiedades biolóxicas. É posible crear un material capaz de cambear de cor coa luz e que responda a un contaminante eliminándoo. Son capacidades que sempre sorprenderon aos biólogos pola súa utilidade e enganosa simpleza. Agora pode que poidamos aproveitalas para o fogar.

M. Revaldería

A %d blogueros les gusta esto: