fbpx

Artículos

LADRILLOS CAPACES DE REXENERARSE A SE MESMOS

Imos cun artigo que se sae un pouco do que habitualmente tratamos aquí e que adoita versar sobre as humidades e os problemas que traen consigo, pero que neste caso, pola miña condición de biólogo, e pola repercusión que cousas deste tipo poderán ter nun futuro próximo na construcción, paréceme moi interesante. E é que cando biólogos e enxenieiros traballan en equipo é posible o proxecto de crear cemento e ladrillos que estén vivos.

Introduzamos algúns conceptos, como é o da biomineralización: proceso polo cal algúns organismos vivos son capaces de xenerar minerais a partir da materia orgánica que consumen. De feito algunhas células do noso organismo xa o fan, xerando cristais de carbonato cálcico durante a formación dos nosos osos.

Os materiais que crea a biomineralización adoitan ter aplicacións de defensa ou sostemento, polo que son especialmente duros e resistentes.

E precisamente foi esta capacidade á que seduxo aos inxenieiros na búsqueda de novos materiais de edificación. Se se lograba aproveitar un material coa lixeireza e a forza dos materiais biolóxicos, isto podía dar pé a construccións máis estables e duradeiras. Pero o primeiro obxectivo desta unión entre inxenieiros e biólogos era obter un dos Santos Griales da inxeniería: un edificio que se reparara só.

OBREIROS MICROSCÓPICOS

Para facer edificios altos, precísase de materiais que sexan tanto lixeiros como resistentes e un dos mellores materiais da actualidade é o formigón. O formigón é un elemento moi lixeiro pero resistente, capaz de permañecer unido ao redor dunha estructura de metal e obter así un edificio alto sen custar demasiado diñeiro nin dificultades. O único problema é que pode deteriorarse ante terremotos, co paso do tempo ou cun dano exaxerado (como unha explosión nunha pranta). Nestos casos xéranse pequenas grietas internas ás que é difícil acceder e encher, poñendo en perigo a integridade completa do edificio.

Para solucionar este problema, os inxenieiros pensaron na biomineralización. Existen esponxas de mar capaces de crear silicatos a partir da area cunha consistencia semellante ao formigón, ó cal sería útil para pechar as fisuras. Pero en vez de usar esponxas, os avances de inxeniería xenética actuais permiten crear bacterias transxénicas capaces de ter esta habilidade.

Deste modo creouse un formigón especial mesturando as esporas destas bacterias co formigón. A bacteria permanece latente no interior do formigón ata que haxa algunha fractura. Nese momento só necesita un pouco de auga e glucosa para alimentarse e xa pode encargarse de transformar a area dos restos de formigón nun silicato endurecido. Obterase así un formigón cheo de micróscópicos obreiros capaz de rexenerarse , e os operarios só terían que botar auga na zona da fisura para ver como se pecha nunhas horas.

Pero existe un punto débil, e é que o cemento non é o mellor lugar do mundo para que as bacterias poidan crecer. Aínda que estén situadas na grieta e teñan comida, a temperatura non é ideal e o cemento tampouco ten unha boa humidade para que poidan vivir fácilmente. Por este motivo, ao probar este cemento en condicións reais, as bacterias adoitan morrer antes de pechar por completo a fractura. Aínda así segue sendo un cemento útil para fisuras pequenas e funciona mellor en países de alta humidade e temperatura.

Así que quizais se poida pensar noutra aplicación: ¿ e se se fan ladrillos?

O ATAQUE DOS LADRILLOS VIVENTES

Un equipo de investigadores estadounidenses adaptou este cemento para fabricar ladrillos biolóxicos. Estos ladrillos poden ser fabricados noutro sitio diferente ao da obra, e pódense cuidar as bacterias construtoras mentras fabrican o ladrillo.

Con esta idea crearon un “cultivo” de ladrillos ao que se lle engade area, xelatina e a cepa de bacterias construtoras. As bacterias usan a xelatina como alimento e soporte para poder crecer libremente mentres crean o silicato xerando un ladrillo sólido cunha estrutura e forza semellante á do formigón. Logo pódeselle dar un tratamento de calor ao ladrillo para eliminar de maneira ingrata as suas contrutoras e levalo a obra.

O cultivo de ladrillos é un proceso moito máis económico e rápido que o sistema tradicional. Ademais é menos contaminante xa que non require case enerxía. Aseméllase máis a cando se deixa un bizcocho coa levadura. Déixase o material do ladrillo e as bacterias encárganse do proceso.

Pero o mellor de todo é que estos ladrillos poden “reproducirse”. Pódese coller un ladrillo, partilo á metade, e poñer cada parte nun molde do tamaño do ladrillo orixinal. Se se engade máis area e xelatina e se agardan unhas seis horas, volveranse a ter dous ladrillos completos.

No estudo os científicos comprobaron que os ladrillos que se forman son suficientemente lixeiros e estables como para poder ser usados en construcción. Agora seguen buscando mellores cepas de bacterias que permitan unha formación do ladrillo máis rápida. Na actualidade usan cianobacterias, unha cepa coñecida polo seu baixo custe e a súa gran resistencia a temperaturas anormais, ó cal é un engadido.

Con estos dous estudos ábrese a veda para pensar de maneira realista en edificios con propiedades biolóxicas. É posible crear un material capaz de cambear de cor coa luz e que responda a un contaminante eliminándoo. Son capacidades que sempre sorprenderon aos biólogos pola súa utilidade e enganosa simpleza. Agora pode que poidamos aproveitalas para o fogar.

M. Revaldería

HUMIDADE E A SÚA RELACIÓN COA DOR CRÓNICA

A fibromialxia é un síndrome crónico que produce nas persoas un conxunto de síntomas, dos cales ó máis importante é unha dor xeneralizada. Esta enfermidade, coñecida como Síndrome de Fatiga Crónica, padécea aproximadamente ó 4% da poboación, sobre todo mulleres. En España, concretamente, estímase que a padecen unhas 800.000 persoas.

Ademáis da dor por todo o corpo, causa sensación de hinchazón e hormigueos en mans e pes, contraccións musculares, fatiga, cansancio, falta de enerxía, jaquecas, trastornos gastrointestinais, sequedade na boca, rixidez, trastornos da circulación e outros trastornos como ansiedade, depresión ou insomnio (este último nun 70-80% dos casos).

E hai que dicir que moi frecuentemente estos síntomas vense alterados entre outros factores e quizais na súa maior medida, pola humidade e os cambios bruscos de temperatura. E ó igual que no caso das doenzas reumáticas como a artrite ou a artrose, faise necesario protexerse e crear un ambiente san e adecuado, sobre todo, no interior do fogar.

Neste senso, un incorrecto grao de humidade ambiental pode agravar moito ós síntomas de quenes padecen fibromialxia, xa que acrecenta o frío no interior das estancias, penetra nos osos e fai proliferar esporas de mofo e fungos, bacterias, ácaros e todo tipo de microorganismos que fan de ditas estancias, espazos totalmente insalubres.

Craro está, para pacientes con fibromialxia, convivir en espacios cuns altos porcentaxes de humidade, resulta moi perxudicial. Por iso é tan importante descubrila causa desa humidade e poñerlle solución canto antes.

E para iso, estamos nós, Castro Parga Rehabitat. Para darlle unha solución pronta e definitiva a todos cantos problemas de humidade se lle presenten no seu fogar, sexa cal sexa a causa da mesma (condensación, filtracións laterais ou ben capilaridade).

NOVA TENDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Temos unha nova que anunciar a todos neste Nadal, e é que recentemente vimos de abrir unha nova tenda de Castro Parga Rehabitat no casco urbano de Santiago de Compostela (co teléfono 981 942844). Máis concretamente na rúa Santiago de Guayaquil, nº 10. Esta tenda engádese á que xa temos fai moitos anos no centro de Lugo, na Rúa do Teatro, nº 2 (co teléfono 982 231296)

En ambas tendas, vostede poderá ver toda unha gama de muestrarios e de mostras reais do que nós facemos, e poderemos atendelo dunha maneira personalizada e cercana.

Con esta nova tenda pretendemos seguir dando un exquisito servizo a todolos nosos Clientes, intentando estar máis perto de vostedes. Como ben sabe, o noso ámbito de actividade é toda Galicia. Ademáis dos teléfonos das dúas tendas, hai outros dous ós que poden chamar, un móvil 618 476762 (dunha persoa, Joselo, con anos de experiencia), e tamén un teléfono gratuíto: 900 815 012.

Levamos a cabo todo tipo de reformas, incluso ó que nós chamamos reformas integrais, chave en man. Pero tamén colocamos armarios, facemos vestidores, facemos diseño de interiores e mobiliario a medida, colocamos chans laminados e de madeira, pavimentos vinílicos e de linoleo, papeis pintados, portas e baldosas hidráulicas. E ademáis podemos solucionarlle calqueira tipo de problema causado pola humidade, provinte de condensacións, de filtracións ou de capilaridade. E comprometémonos a facelo dunha maneira definitiva.

Así que xa sabe, dende Lugo ou dende Santiago, e para toda Galicia, Castro Parga Rehabitat é o seu referente para acometer todolos traballos anteriormente mencionados, de maneira que lle axudemos a que vostede poda vivir confortablemente, e sen humidades.

CÓMO AFECTA A HUMIDADE ÁS NOSAS MASCOTAS

A humidade e o pelaxe dos cans teñen unha alta relación, pois a maioría das razas de pelo largo (por exemplo o maltés) ou de manto doble (como o pastor alemán) especialmente, tenden a absorber gran cantidade de auga. En todos os casos, logo do contacto ca humidade débese hixienizar ó can, para despois secalo.

Sostén a doctora Lorna Muñoz, veterinaria, que a través destas accións prevense a dermatitis que deriva en bacterias e fungos que proliferan no manto do animal cando estos dous procedementos non se fan. Inclusive se percibe un forte olor que se desprende da pelaxe e das patas da nosa mascota, que parece impregnar todo ó que toca o animal.

Pola súa parte, a doctora Eliana Cardozo, tamén veterinaria, dí que en época de humidade e calor, os nosos cans vense afectados por bacterias, ácaros, e fungos na pel e que estos producen lesións, que en moitos casos son difíciles de controlar e precisan dun tratamento específico e prolongado.

Por iso todo, non só por nós mesmos, senon tamén para as nosas tan queridas mascotas, é preciso que ademais de ter as súas cuchas libres de humidade, tamén ó estén as nosas casas por onde elas deambulan e onde sentimos que nos fan tanta compañía.

Castro Parga Rehabitat soluciónalle de maneira definitiva calqueira problema de humidade que vostede poida ter na súa casa. A nivel de toda Galicia. Pídanos presuposto sen compromiso no teléfono gratuíto 900 815 012 e moi gustosamente lle atenderemos. Pola súa saúde. a saúde dos seus e tamén pola saúde da súa mascota.

FAGA A SÚA VIVENDA SOSTIBLE: ELIMINE A HUMIDADE

A humidade ascendente por capilaridade é unha patoloxía frecuente en vivendas antigas con ausencia de aillamento entre o terreno e os cimentos. As moléculas de auga teñen a característica de permanecer unidas pola forza de cohesión a outras moléculas de materiais diferentes, que sumado á porosidade dos materiais de construcción convirten ás vivendas en verdadeiras esponxas absorbentes.

Ademáis, existe unha alteración eléctrica no muro, que inflúe nas moléculas de auga. Os muros funcionan como unha batería cunha diferencia de tensión eléctrica que pode variar de 50/60 mV a 400/600 mV. Amplificando ó ascenso da humidade ata cen veces!

Os muros húmidos perden ata un 80% de capacidade aillante causando grandes perdas térmicas.

A humidade capilar é responsable do deterioro dos inmobles. Unha humidade moi alta no aire tende a reducir o confort de vida: os olores desagradables aparecen no aire, na roupa, nas cortinas, nos mobeis, etc. O mofo nas paredes é un problema ainda maior, as súas esporas son moi volátiles e o respiralas poden introducirse no tracto respiratorio e así causar unha serie de enfermidades graves como resfriados, alerxias, infeccións pulmonares, etc

Nós, Castro Parga Rehabitat, somos especialistas en erradicar todo tipo de humidades da súa vivenda, e unha delas é a que nos ocupa neste artigo e que se produce por un fenómeno de capilaridade. Contacte connosco e achegámonos a súa casa sen ningún compromiso. Facémoslle un diagnóstico gratuíto e se vostede así ó decide, solucionámoslle o problema de maneira definitiva.

O CLIMA DE GALICIA FAVORECE A APARICIÓN DE HUMIDADES NOS FOGARES

A Comunidade Autónoma de Galicia, caracterízase por ter uns invernos fríos e uns veráns máis ben moderados. E nas zonas máis altas, atopamos un clima de montaña. Así mesmo, moito do tempo é frecuente que sopre un vento do noroeste frío e húmido durante as estacións de outono, de inverno e incluso ás veces, dunha boa parte da primaveira.

Todas estas particularidades fan que a Comunidade Galega sexa unha rexión con graves problemas de humidade estrutural, ben sexan por capilaridade, por filtración ou por condensación.

As humidades por capilaridade proveñen do suelo e soben polos cimentos e polos muros debido ó efecto poroso e de gran capacidade de absorción de xuntas e ladrillos. É un tipo de humidade que pode ser grave se non se trata a tempo, e que termina debilitando a estrutura dos edificios e poñendo en perigo a estabilidade destos. Por iso, as vivendas unifamiliares de pranta baixa e antigas son normalmente ás que máis acusan estos problemas.

As humidades por filtración lateral prodúcense debido á penetración da auga dentro do edificio a través da parede de forma lateral, presente ao outro lado dun muro – neste caso no entorno húmido externo á casa – . A auga que acompaña a esta humidade penetra a través de ditos muros e vainos degradando lentamente, debilitando pouco a pouco a súa estrutura.

Así mesmo, Galicia conta con grandes cambios de temperaturas entre o exterior e o interior das vivendas. E tamén, porqué non dicilo, conta con deficiencias construtivas en canto a impermeabilización dos inmobles. Por este motivo tamén son moi frecuentes as humidades por condensación. Regueiros de auga nas ventanas, cristais embazados, manchas de mofo nas paredes, serán algúns dos primeiros síntomas que poderán aparecer. Dita patoloxía prodúcese fundamentamente, cando o vapor de auga, supera o 45% do ambiente dunha estancia e ocorre en boa medida debido a tendencia actual de aillar os fogares dunha maneira excesiva e de non ventilar adecuadamente, sumado á humidade do ambiente que aportan os habitantes (levando a cabo actividades cotiáns como bañarse, lavar, cociñar, secar a roupa…).

Por estes e outros motivos é importante detectar canto antes o foco da humidade e eliminala definitivamente con tratamentos e traballos como ós que a diario facemos Castro Parga Rehabitat, a súa Empresa de confianza para solucionar problemas de humidades e para levarlle a cabo reformas integrais, chave en man. Seguimos ao seu servizo.

OS NOSOS MAIORES E A HUMIDADE

As persoas da terceira idade son especialmente sensibles ós cambios de temperatura. Por iso quero adicar este artigo a aquelas persoas maiores que poidan estar vivindo ou pasando gran parte do seu día en estancias con humidades.

Os maiores chegan a ser os nosos grandes mentores, e son o noso refuxio, e son os nosos amigos de confianza, persoas á quenes amamos e quenes nos aman. Pero en ocasións esquecemos que, en moitos casos, están cargadiños de achaques e de padecementos.

Hai que proporcionarlles por tanto un entorno saudable, vixiando as súas viviendas de situacións desfavorables como a existencia de humidades. É importante preparalos para sobrelevar a temporada de outono-inverno que se aveciña. Ademais hai outro perigo de convivir con humidades, a posible acumulación de auga no suelo que pode provocar caídas moi perigosas a calqueira idade, pera a idades avanzadas, máis se cabe. Debemos ter en conta que a neglixencia con respecto á solución destos problemas, pode ter consecuencias graves e incluso levar acarreada a morte (sen ánimo de ser catastrofista).

Tamén os mofos e os ácaros producidos e favorecidos polas humidades liberan sustancias que causan asma e outras afeccións respiratorias, así como tamén agudizan as enfermidades reumáticas. De feito, se nos remitimos a unha investigación publicada polo Journal of Rheumatology, a maioría das persoas que padecen artrose son afectadas polos factores do clima e das humidades.

En definitiva, para cada problema de humidade existen diferentes oríxenes e diferentes patróns a seguir para solucionalo. Se os fogares dos nosos anciáns están sofrindo de tales padecementos, aproveito aquí para dicir que ó máis recomendable é poñerse en mans de expertos como Castro Parga Rehabitat. Invitámoslle a que solicite cando vostede ó estime oportuno, un diagnóstico gratuíto a nosa Empresa, lider en tratamentos anti-humidades, e lider tamén en reformas integrais da súa vivenda, do seu local comercial, etc.

A FUNDACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO PIDE REPARACIÓNS URXENTES CONTRA A HUMIDADE

As humidades non son un problema sen importancia, de ahí que hasta a Fundación do Patrimonio Histórico levántese contra este fenómeno que tanto dano pode chegar a facer nos edificios. Danos que se agrandan se cabe, cando se trata de construccións que forman parte da historia e do ben cultural e artístico das cidades. Porque a existencia de humidade estrutural pode ter consecuencias irreversibles, chegando a inhabilitar o uso do edificio.

A humidade conleva a putrefacción da carpintería, o deterioro das pinturas e dos papeis pintados, dos moveis, e ademáis perxudica a saúde dos que viven e traballan nese ambiente.

“Cando a deficiencia que ocasiona a humidade non se resolve e persiste no tempo, estase contribuindo a que o deterioro sexa aínda máis irreversible, pola magnitude e a gravidade, coa conseguinte perda de material, incluso de elementos decorativos. Tras subsanar as deficiencias na pedra afectada, esta deberá ser tratada por expertos”

Como exemplo pódese poñer ó que din os Cidadáns pola Defensa do Patrimonio respecto de algo que pasa na monumental cidade de Salamanca: “É moi lamentable que un edificio como a “Casa de las Muertes”, unha xoia do plateresco español, perdese tanto material en tan poucos anos nas pedras que conforman a cornisa da fachada, a causa da humidade, cando se conservaron íntegras durante case cinco séculos”

E por iso tamén, hai que ter cuidado á hora de querer solucionar estes problemas, xa que ó que a priori non parece máis cun pequeno inconvinte, ten todas as posibilidades de converterse nun problema grave se se deixa sen resolver. Ó mellor é contar co diagnóstico de especialistas en tratamentos contra a humidade, como somos nós, Castro Parga Rehabitat. Porque os nosos tratamentos son definitivos e erradican os problemas da humidade para sempre.

A HUMIDADE PODE DEVALUAR O PREZO DA SÚA VIVENDA

O aspecto dunha vivenda é esencial para a súa venda. E en moitas ocasións, simplemente con lavarlle a cara antes de poñela á venda, non é suficiente.

Todos sabemos ou intuimos polo menos, que unha vivenda con humidades verá devaluado ó seu prezo, pero non sabíamos cánto exactamente. Pois ben, o Colexo de Administradores de Fincas en Madrid, deunos o dato: ata un 35%.

As consecuencias dos problemas de humidade son sobradamente coñecidas por todos, ademáis dos danos materiais e estéticos, tamén poden supoñer unha merma para a saúde das persoas que viven alí.

A humidade pode tamén chegar á estrutura do edificio, de maneira que en moitas ocasións a raíz do problema non se atopa visible. E non pode esquecerse tampouco que o Código Civil establece que o propietario está obrigado a facerse cargo dos problemas ocultos que poida ter a vivenda antes de vendela.

A mellor alternativa para non ter problemas, é arranxar o foco de humidade. O sistema máis axeitado para conseguilo dependerá do tipo de humidade que teña a vivenda.

Dende Castro Parga Rehabitat queremos sinalar que as humidades poden deberse básicamente a tres causas: condensacións, capilaridade ou ben a filtracións. É necesario realizar un diagnóstico acertado para elexir a mellor elección posible e acabar co problema de base, eliminándoo para sempre. Soamente así evitaremos cometer unha ilegalidade na venda da vivenda ou vender esta por un prezo un 35% máis baixo do que consideraríamos xusto.

E Castro Parga Rehabitat diagnostica e garantiza todos os traballos necesarios para solucionar calquera problema de humidade que poida deberse ás causas sinaladas con anterioridade. Contacte connosco e compróbeo.

O MUNICIPIO DE CASTROVERDE (LUGO) PREOCUPADO POLO GAS RADÓN

Afortunadamente os medidores deste gas, polos casos de cancro, non ven perigo pola concentración daquel, no municipio de Castroverde. E non ven perigo porque as medicións efectuadas determinaron en tódolos casos “niveis normais” da concentración de radón, “nada por encima do que se considera perigoso” para a saúde das persoas.

Xa fai uns meses a Xunta de Governo do Consistorio Municipal decidiu instalar 40 aparatos detectores de gas radón, por un período de tempo de catro meses mínimo, en sete edificios do municipio, ademáis de no Consistorio e no colexio.

Todo esto foi debido a que un número elevado de persoas relativamente xóvenes, enfermaran de cancro neste municipio. Encargouse por iso a unha empresa privada adicada a este tipo de medicións, un estudo para comprobar si realmente era preocupante a presenza de radón nunha parte do municipio.

O primeiro edil defendeu a realización deste estudo porque o radón é un “asasino silencioso”, é a segunda causa de morte por cancro de pulmón e a responsable de entre un 3% e un 14% deste tipo de enfermidade en todo o mundo, según a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Alegrámonos polos nosos conveciños de que as medicións arroxasen resultados negativos e tranquilizadores. Moito mellor así. Con todo queremos que saiba que unha maneira efectiva e contrastada de minimizar a presenza de gas radón nas dependencias interiores dunha casa é mediante a instalación dun sistema de ventilación forzada, ó que en Castro Parga Rehabitat chamamos un equipo VMI (Ventilación Mecánica por Insuflación). Se quere saber máis disto, por favor contacte connosco.