fbpx

Artículos

MÁIS SOBRE O PERIGOSO GAS RADÓN (PROVINTE DA DESCOMPOSICIÓN DO URANIO)

La Voz de Galicia, con data 26 de xuño de 2019 publica información moi interesante ao respecto, que vou tratar de resumir neste artigo.

O laboratorio da Universidade de Santiago de Compostela que mide este gas (leva feitas unhas 4.300 medicións na Comunidade Autónoma Galega) – a principal causa de cancro de pulmón en persoas non fumadoras – está a incorporar información máis precisa de cada municipio galego. E por provincias, Ourense e Pontevedra son nas que se detecta unha maior concentración de radón (gas de orixe natural, localizado sobre todo en suelos de zonas graníticas). Ourense e Pontevedra, cunhos porcentaxes do 22,9% e do 19,8% respectivamente das vivendas medidas, superan o nivel de referencia de 300 becquerelios por m3 que marca a normativa europea sobre este tema. Segundo a Organización mundial da Saúde, por cada 100 Bq/m3 que se incremente o nivel de referencia, o risco de un tumor de pulmón aumenta nun 16%. E tamén é certo que si un é fumador e vive en edificios altamente expostos, o risco dispárase.

Galicia é a Comunidade con máis información sobre este asunto , xa que o mapa a nivel estatal inclúe apenas 12.000 medicións. O estudo ó que facíamos mención antes informa xa de 38 municipios galegos, aínda que están rematados máis de 60. Só o municipio de Santiago de Compostela ten unhas 260 medicións. Da provincia da Coruña hai 1.794 rexistros en domicilios e 1.412 na provincia de Pontevedra. Por concellos, é o de Vigo o que acumula un maior número de medicións, con 409.

Resulta curioso sinalar que o risco difire incluso entre lugares distantes poucos Kilómetros.

Pero non hai que esquecer unha cousa básica: o maior risco para o cancro de pulmón é fumar.

Voltando o gas radón, que é ó que nos ocupa neste artigo, o novo Código Técnico da Edificación e a trasposición da normativa europea, traerán consigo medidas que obligarán a previr dito gas nas vivendas de nova construcción. E a normativa autonómica galega xa contempla algunhas axudas específicas para adoptar medidas en vivendas construídas e así poder reducilo.

Ó que se chama un sistema de ventilación forzada, é dicir, a nosa VMI (Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación) que estamos en disposición de instalar no seu fogar para solucionar e evitar as humidades por condensación, tamén serve (e así está demostrado) para rebaixar de maneira significativa os niveis de gas radón nas estancias interiores da casa. Contacte con Castro Parga Rehabitat, e gustosamente lle informamos detidamente sobre diso.

EFECTOS DA HUMIDADE EXCESIVA NA SAÚDE

A auga é fonte de vida. A natureza, os animais, as prantas… todo necesita da auga para continuar co seu ciclo vital. Pero ¿qué consecuencias ten o exceso de humidade na saúde humana?

Imos referirnos en única instancia á chamada humidade intramuros, é dicir, ó nivel de humidade que existe no ambiente nos nosos espazos habitables, como as diferentes estancias da nosa casa, ou do noso lugar de traballo.

Un nivel de humidade de máis dun 65% pode ser perxudicial para o organismo. O problema non é tanto a humidade en sí mesma como os microorganismos que se reproducen mellor en superficies e ambientes húmidos.

En estancias pouco ventiladas e cun alto nivel de humidade ambiental, as zonas umbrías da habitación tenderán a estar permanentemente húmidas, convirtíndose así no lugar ideal para a proliferación de ácaros e mofo. En casas con alto nivel de humidade ambiental a súa vida prolóngase no tempo e reprodúcense moito máis. O problema é que tanto as feces destos microorganismos como os propios ácaros mortos, son os causantes de diferentes alerxias respiratorias. Ademáis, aproximadamente o 80% dos pacientes asmáticos son tamén alérxicos ós ácaros, co cal os síntomas de asma agrávanse en ambientes húmidos. Así que vivir nun ambiente por encima dun 60% – 65% de humidade ambiental pode chegar a ser devastador para persoas con alerxias respiratorias e con asma.

O mofo é un tipo de fungo que se reproduce por esporas. Cando estas se depositan nunha superficie húmida na nosa casa, como unha parede ou unha alfombra, comezan a alimentarse da superficie á que están adheridas, medrando e reproducíndose a velocidade vertixinosa. E é que o mofo non só aparece nas manchas da parede ou do teito, Hai fungos que tamén medran nas alfombras, nos tapices, na madeira, no papel, na comida…

Ahora ben, ó peor da proliferación destes organismos, son os efectos negativos que estos exercen na saúde. Os síntomas asociados tanto ó mofo como ós ácaros, son diferentes tipos de alerxias respiratorias e síntomas asmáticos. Ademáis, un nivel de humidade de máis dun 70% aumenta en gran medida a posibilidade de contraer infeccións virais e bacterianas.

Particularmente en casas donde hai nenos ou enfermos asmáticos, temos que ter especial cuidado cos problemas de humidade. A probabilidade de desenrolar asma en nenos de entre 1 e 7 anos, duplícase en ambientes interiores húmidos. Nestes ambientes empeoran as reaccións alérxicas respiratorias aumentando a posibilidade de contraer enfermidades crónicas respiratorias e pulmonares.

Tamén é un feito comprobado que a dor e o malestar causado polo reuma, artrosis, e outros problemas de osos, increméntanse neste tipo de ambientes. Hai zonas dentro de calqueira casa que son especialmente sensibles á acumulación de humidade, como son cuartos de baño sen ventana, cociñas e habitacións de secado de roupa.

Así que en caso de que descubras que o nivel de humidade na túa casa está por encima do recomendable (máis dun 60%) tes que saber que non existe ningunha forma especialmente sinxela e efectiva de eliminar as esporas de mofo e demáis elementos que flotan no ambiente. A única solución é reducir o nivel de humidade ambiental para evita la condensación. E para iso, como dicían as nosas aboas, hai un “Santo Remedio”: que che instalemos na túa casa un Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación (VMI). E a partir de aquí, acabaranse as manchas de humidade, as manchas de mofo, a proliferación de ácaros e sobre todo, as súas desagradables consecuencias para a túa saúde e a saúde dos teus.

HUMIDADES NA NOSA GALICIA

Nas nosas costas Atlántica e Cantábrica, hai unha humidade relativa media anual dun 80%. Dito valor sitúase bastante por encima do 60% (que sería o ideal ou ó máis recomendado). Galicia ten un alto porcentaxe de humidade, o noso clima caracterízase por iso, e lóxicamente iso ten algunhas consecuencias directas das que ahora falaremos.

Dicir tamén que as humidades non afectan de igual maneira a cada zona ou a cada tipo de vivenda. En boa medida, depende da orixe como dos tipos de materiais empregados na construcción das mesmas.

Si entramos a falar das distintas provincias da Comunidade Autónoma Galega, podemos dicir o seguinte: Na Coruña, as humidades provocadas por capilaridade son as máis comúns. E, dito sexa de paso, as causantes da maioría dos problemas ós seus habitantes. Estas humidades teñen a súa orixe no terreno, onde as augas subterráneas e as sales ascenden por muros e paredes ata alcanzar vivendas e locais que non teñen unha boa impermeabilización.

A provincia de Ourense caracterízase por unhos contrastes térmicos máis notorios que nas demáis provincias galegas. De ahí que as máis recurrentes sexan as humidades por condensación. O relativamente moito frío en inverno e a conseguinte diferencia de temperaturas entre o interior e o exterior das vivendas, fai que apareza mofo nas paredes e haxa unha acumulación de auga nas ventanas.

As humidades por filtración tamén aparecen na nosa bendita terra. Pequenos pobos e aldeas da provincia de Lugo contan con este tipo de humidades. E máis ben xurden en construccións antiguas e feitas directamente sobre o terreno. A auga que se atopa neste, pasa lateralmente ao interior das estancias, ocasionando inundacións e ata ás veces, danos serios na instalación eléctrica.

Pero realmente todos estos síntomas convírtense na antesá de algo que pode facer moito máis dano e dunha maneira case case invisible: os danos producidos por unha humidade estrutural. Ó que sucede é algo tan serio como que se vai degradando a estrutura do edificio, poñendo en perigo tanto a integridade do mesmo como de quenes ó habitan.

Pero como para todo hai solución nesta vida, podes contactar con nós. Somos un equipo de profesionais que estamos acostumbrados a localizar a orixe do problema da humidade, e a proporcionarche unha solución axeitada a túa situación, as túas necesidades neste senso. Confía en Castro Parga Rehabitat, quenes somos especialistas tamén en facerche calqueira tipo de reforma integral.

A HUMIDADE SIGUE DESTRUÍNDO UNHAS PINTURAS ÚNICAS EN GALICIA

É algo que segue a suceder nunha aldea de Ribadeo, no Santuario de Nosa Señora das Virtudes. Falamos desto nunha publicación anterior. E a Xunta de Galicia anunciou fai uns catro meses unha actuación urxente, pero nada se fixo (remitímonos a unha información facilitada novamente polo xornal La Voz de Galicia con data 13 de maio).

En dito Santuario atópase unha obra exclusiva, ó que está considerado como o único mural sobre temas do mar do século XVII en Galicia. Catalogado como un dos 100 obxectos máis simbólicos da historia da nosa Comunidade Autónoma. Unha obra de arte que, se ninguén lle pon remedio, acabará sendo destruida pola humidade.

A Consellería de Cultura está ó tanto da situación dende fai dous anos. Técnicos do Patrimonio estiveron no Santuario e acreditaron o deterioro que avanza inexorablemente. E fai catro meses, cando La Voz de Galicia se fixo eco do que estaba a suceder, dende Cultura da Xunta recoñecían a existencia de filtracións que estaban afectando ó mural, anunciando que se faría “unha intervención de urxencia”.

O caso é que dende entón, parece ser todo segue igual, e voltan a saltar as alarmas, porque o dano é cada día máis evidente, según denuncian expertos nestas pinturas murais.

Dalgunha maneira, e dende aquí, nós tamén queremos facer un chamamento á Xunta de Galicia, para que dunha vez por todas, tome medidas urxentes que contribúan ó arranxo definitivo de ditas humidades, e podamos seguir así disfrutando deste expléndido mural, patrimonio de todos.

ALERXIA Á HUMIDADE

Podemos falar dun conxunto de alerxias con afectación das vías respiratorias, provocadas por axentes que requiren altos grados de humidade para desenvolverse, entre eles ós ácaros e ós fungos.

A alerxia ós ácaros representa a segunda causa de alerxia respiratoria en España, só superada pola alerxia ós poles. E a alerxia ós fungos sitúase como a cuarta causa de alerxia respiratoria en adultos e a terceira causa no caso dos nenos.

As alerxias ós ácaros e ós fungos son causa de rinitis persistente, que ademais adoita ir emparellada con bastante frecuencia, co desenvolvemento dun asma que tende a ser de tipo persistente (valia a redundancia) ó que pode comportar un maior risco, a futuro, de deterioro da función pulmonar.

A hixiene nos domicilios onde se pode desenvolver este tipo de axentes, é indubidablemente clave, pero case con toda seguridade pódese afirmar que non é suficiente. Así pois, no caso de vivendas especialmente húmidas, unha boa alternativa será optar por un Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación, que axude a reducir a humidade relativa do aire en toda a vivenda. E neste caso, é tamén importante o mantemento (recambio) dos filtros do Sistema cada medio ano, como regla xeral.

En Castro Parga Rehabitat contamos cos profesionais e cos medios axeitados para solucionarche calquera problema de humidade que teñas na túa vivenda. E por suposto, para poder instalarche o Sistema de Ventilación nomeado arriba, especialmente deseñado para combater a humidade por condensación. Danos a oportunidade de facercho e poderás verificalo.

HUMIDADE E MEDICAMENTOS

A acción dos medicamentos só dura ata que as condicións de almacenamento deixan de ser as axeitadas. Moitos deles poden perder propiedades se resultan expostos a diversos axentes externos como a calor, a luz ou a humidade. Como ben sabemos todos, débense gardar nun lugar fresco, seco e escuro.

E sí que podemos afirmar que a humidade é un dos principais inimigos ambientais das mediciñas, podendo afectar dunha maneira considerable non só as súas propiedades físicas (aparencia, tamaño, dureza…) senón tamén ás súas propiedades químicas.

Así que é moi importante controlar as humidades, entre outras razóns, porque xeneran o desenvolvemento de microorganismos como fungos ou bacterias, producindo reaccións químicas de oxidación nos compoñentes das mediciñas. A un gran número destas, que son precisamente moi sensibles á humidade, chamáselles mediciñas higroscópicas.

Hai medicamentos que se deben almacenar en frío e outros que non poden ser expostos a temperaturas moi altas. E adoita ser unha práctica moi extendida gardalos nun armario da cociña ou do cuarto de baño, cando deberan estar alonxados de calqueira fonte de calor e humidade que poida afectarlles. Ao marxe de que non deben quedar nunca, estén onde estén, ó alcance dos máis pequenos.

Ademais, non todos ós problemas de humidade que poden modificar as propiedades das mediciñas son igual de evidentes e de obvios. Porque si esta procede da terra, pola mala impermeabilización de cimentos e muros ou pola entrada de auga na estrutura da construcción nas plantas subterráneas (debido a presión que exerce o terreo) tamén o aire se carga da mesma, con consecuencias igual de dañinas, pero que quizais non poidamos observar a simple vista.

E aquí entra a importancia dun estudo en profundidade e dun posterior diagnóstico eficaz. Algo que perfectamente podemos facerche nós, Castro Parga Rehabitat. Brindámosnos para elo sen ningún coste para tí, para que saias de dúbidas, e para solucionarche calquera problema de humidade, proveña de onde proveña. Confíanos o teu fogar, e neste senso, confíanos tamén a túa saúde e á dos teus seres máis próximos.

A SINUSITE E A HUMIDADE

A sinusite afecta os seos nasais e preséntase cando os texidos que ós recubren, inflámanse, ó que ocasiona problemas para respirar e outros malestares como dor de cabeza, dor facial, mal alento, continuadas secrecións, fatiga, tos, perda de apetito, perda de olfato, dor de garganta e febre.

En moitas ocasións a sinusite é mal diagnosticada, xa que ós seus síntomas son moi semellantes a ós que se presentan cando sofrimos un resfriado. Pero no caso de que ditos síntomas aparezan de maneira recurrente e estén acompañados dunha secreción amarillenta, posiblemente se trate dunha sinusite que deberá ser tratada, acudindo a un especialista que faga un diagnóstico e plantexe un tratamento que mellor che conveña no teu caso.

Fálase de dous tipos de sinusite, a aguda e a crónica, e entre outros moitos factores que poden desencadear a aparición tanto dunha como da outra, está un ambiente con exceso de humidade, que ademais favorece a aparición de fungos. Por esto mesmo unha das primeiras recomendacións que se lles fai ós pacientes con sinusite é que controlen a humidade na súa casa.

Manter un nivel de humidade recomendable, non só trae beneficios para a saúde, principalmente evitando a aparición de alerxias e problemas respiratorios, senon tamén para o estado da estrutura da vivenda así como de mobles, libros e roupa.

¿Hai algo máis que podamos facer?

Sí. Mellorar as condicións de vida do noso fogar e realizar reparacións para evitar problemas futuros causados por humidades. Non é recomendable automedicarse, e é mellor evitar acometer unha obra nosoutros mesmos para solventa las humidades. Ó verdadeiramente acertado é contar cun equipo de profesionais que saiban identifica lo problema e aplicar diferentes técnicas para combatir aquelas con garantías. E para iso, Castro Parga Rehabitat somos o teu “socio” máis recomendable. Se estás interesado/a, chamámoste sen compromiso.

VINCULAN AO GAS RADÓN CO CANCRO DE PULMÓN EN PERSOAS QUE NUNCA FUMARON

A ameaza provén do subsuelo e entra sen permiso nas nosas casas. É de alí de onde se libera o radón, un gas radiactivo de orixe natural moi presente en Galicia polo seu chan granítico rico en uranio, e que se pode acumular no interior dos edificios sen unha ventilación axeitada, ata convertirse nun risco para a saúde. Isto é tan verdade que está considerado como a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco.

Pero ¿ata qué punto hai unha asociación directa entre o radón e iste tipo de tumor? Un dos maiores estudos mundiais feitos, liderado polo Laboratorio de Radón de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, atopóu agora unha relación directa entre a concentración diste gas e o risco de cancro de pulmón. Acaba de comprobalo un estudo epidemiolóxico, no que participaron dez hospitais de Galicia, Asturias, Castela e Leon e de Madrid, feito con preto de 1.500 persoas que nunca fumaran na súa vida e das que 523 presentaban a enfermidade.

Os resultados poñen de manifesto que o radón pode producir un tumor pulmonar a partir de 200 becquerelios por m3, unha concentración que está por debaixo da directiva europea de radiacións ionizantes, que fixa o tope en 300 becquerelios/m3. Por contra, a OMS (Organización Mundial da Saúde) establece o tope en 100 Bq/m3 como valor ideal.

En Galicia, según as medicións levadas a cabo polo mesmo grupo, un 10% das vivendas supera a concentración de 300 Bq por m3. Un cidadán que vive nun entorno con altos niveis, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra, recibe a mesma radiación que recibiría si se sometese a facerse un tac cada ano. Galicia é a Comunidade con máis presenza de esta sustancia natural no subsuelo, cun 70% do seu territorio afectado.

A ameaza do radón, que procede do subsuelo, pódese evitar en boa medida cunha axeitada ventilación. As súas maiores concentracións atópanse en sótanos e bodegas.

De todas maneiras, trátase dunha relación probabilística, polo que non siñifica que todas as persoas que están expostas ó radón vaian a sofrir un tumor de pulmón, da mesma maneira que non siñifica que todas as persoas que toman o sol, vaian a sofrir un melanoma.

Ó que sí resulta moito máis perigoso é a nociva combinación entre o tabaco e o radón. Nos fumadores habituais que viven en casas expostas a altos niveis do gas, o risco de sofrir un tumor pulmonar pode chegar a multiplicarse por 73.

E precisamente, un dos grandes beneficios do Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación (VMI) que nós propoñemos, que estamos en disposición de instalarche na túa vivenda, é que supón unha moi boa barreira ó gas radón, pola nova ventilación que trae consigo e pola continuada e controlada renovación do aire que vai acompañada da evacuación do aire viciado. Non ó dubides.

FUNCIONAMENTO DO NOSO SISTEMA DE VENTILACIÓN MECÁNICA POR INSUFLACIÓN (VMI) PARA ELIMINA-LA CONDENSACIÓN

Este sistema baséase nos seguintes principios:

.- Chegada do aire do exterior. Pre-quentamento do mesmo e filtrado dos contaminantes exteriores (entre eles, o pole).

.- Insuflación do aire no interior xenerando unha lixeira presión positiva dentro da vivenda, homoxeneizando a temperatura da mesma.

.- Evacuación do aire viciado e da humidade cara ó exterior.

.- Serve incluso como unha efectiva barreira ao gas radón (un gas radiactivo que pode chegar a convertirse nun serio risco para a saúde).

.- Eliminación da condensación que hai na vivenda.

Todo elo redunda nun mellor e maior confort térmico dentro do fogar, e tamén nun maior aforro enerxético. Entre outras cousas debido a dúas razóns:

.- Un turbo-quentamento en épocas frías e de entretempo, para optimiza-la calefacción da vivenda.

.- Unha hiperventilación nocturna en épocas cálidas, que aporta frescor, permitindo así que a temperatura da vivenda non aumente demasiado rápido.

Para rematar, dicir que esta máquina, este sistema que proporciona todas as ventaxas enumeradas con antelación, pódeseche instalar, prácticamente sin obra ou cunha obra mínima, no soto ou na bufarda da túa vivenda unifamiliar, no interior da mesma ou tamén, craro está, no interior do teu piso. E iso, facémoscho nós, Castro Parga Rehabitat, ademais de levarche a cabo calqueira tipo de reforma integral, chave en man.

“SOLUCIÓNS” CONTRA A HUMIDADE QUE, EN REALIDADE, NON FUNCIONAN

O problema das humidades é un dos problemas máis comúns nos nosos fogares. E sen dúbida, a condensación é un deles e un dos máis frecuentes. Algo que pode provocar danos na nosa saúde e tamén na saúde dos mesmos edificios. Pero ollo, moitas das solucións que se ofrecen, ainda que coa mellor intención, contra a humidade, non adoitan ser tales ou non adoitan funcionar. Por exemplo, o erro máis común é crer que simplemente pintando de novo alí onde apareceu o problema da humidade, imos correxir este.

A condensación aparece cando, dentro das estancias, o vapor de auga do aire entra en contacto con superficies frías, alcanzándose así o punto de rocío, e humedecéndose dita estancia. Aparecen manchas nas paredes e no teito coa conseguinte proliferación de fungos que poden ser perxudiciais para a saúde. E hai quen pensa que con só ventilar vaise a eliminar ise exceso de vapor, pero non só non é así, senón que ó airear, se ó que entra é aire máis frío, o problema ademais de persistir, pode incluso empeorar.

¿Cáles son pois as falsas solucións máis comúns, nas que se adoita incorrer, contra a humidade?

.- Simplemente pintar a zoa afectada

.- Aplicar un recubrimento cun mortero antihumidade

.- Planchas para o aillamento interior, que momentáneamente poden ocultar a humidade, pero en absoluto acabar con ela

.- Dar una imprimación antimofo

¿E qué se pode facer entón para arranxar o problema da condensación de vapor?

Pois, fácilmente pode pasar optando pola instalación dun novo Sistema de Ventilación na túa vivenda. É ó que denominamos VMI (Ventilación Mecánica por Insuflación). Así que, se así ó desexas, contáctanos, por favor, ou facémolo nós se nos deixas o teu número de teléfono. Porque temo-la solución para iso, e tamén queremos que saibas que en caso de interesarche, levamos a cabo todo tipo de Reformas Integrais chave en man.