fbpx

Artículos

ALERXIA ÓS ÁCAROS DO PO. DESMONTANDO MITOS

Á maioría da xente sabe que ós ácaros son uns “bichitos feísimos que no se ven pero que existen” e tamén á maioría das persoas preocúpalle especialmente cómo convivir con eles sin ter síntomas de alerxia.

Neste artigo imos intentar derrubar algúns mitos que existen sobre a alerxia ós ácaros, establecidos na poboación:

.- A alerxia ós ácaros non é perigosa e hai que afacerse a vivir con ela

A realidade é que pode alterar e moito a calidade de vida das persoas que a sofren. E non exaxeramos si falamos de episodios de asma severos de difícil control. É por tanto, unha alerxia que debe de tomarse en serio.

.- Aínda que teño alerxia ós ácaros, podo ter animais de compañía na casa, sen problemas

Todo ó contrario, e sentímolo ben por estes bós amigos, pero é preferible non ter mascotas de pelo nin de pluma na casa dunha persoa alérxica ós ácaros do po. A poboación destos será maior porque aliméntanse de restos procedentes de humáns e de animais (escamas, pelo, etc).

.- O po que ven da rúa e o que se produce nas obras tamén causan alerxia ós ácaros

Para que ós ácaros podan sobrevivir necesitan unhas condicións de vida especiais: nada de sol nin de sequedade. Prefiren sitios pechados e húmidos, polo que só sobreviven no interior de vivendas que teñen estas condicións. Non hai ácaros no po da rúa, nin no po que se ergue da area nin no po das obras.

.- A alerxia ós ácaros predomina no outono e na primaveira

Pois ó certo é que unha persoa alérxica ós ácaros pode estar mal en calqueira estación do ano, se se dan as condicións ambientais necesarias. Un inverno chuvioso será peor que un outono seco. Unha habitación mal ventilada, con animais e con problemas de humidade será un nido constante de ácaros. E as partículas alerxénicas producidas por eles, permanecen tempo no ambiente, polo que os síntomas adoitan ser perennes.

.- A alerxia ó pole en primaveira produce máis problemas respiratorios que a alerxia ós ácaros

Falso. Os poles predominan en épocas moi determinadas do ano e só no exterior, polo que o tempo que os respiramos é menor en comparación co que respiramos o po da casa. Nalgunhas rexións do noso país, a sensibilización ós ácaros afecta a máis do 30% da poboación e o 90% dos asmáticos.

.- As normas de prevención ambientais evitan a alerxia ós ácaros

Extremar as normas de limpeza e aplicar medidas de prevención poden ser beneficiosas sobre a aparición e gravidade do asma, pero non parece que sexan moi útiles para retrasar ou prever a aparición da sensibilización á alerxia ós ácaros nunha persoa non alérxica.

En Castro Parga Rehabitat temo la solución para combati los ácaros porque podemos elimina la humidade da túa casa, do teu fogar. Se tes ise problema, e estás interesado en arranxalo, non ó dubides, facémoscho nós, chamámoste sen compromiso.

AS TAREFAS DOMÉSTICAS TAMÉN CONTAMINAN O AIRE DAS NOSAS VIVENDAS

¿Curioso, verdade?. Pero isto non é algo que digamos nós. É algo que dí un riguroso estudo levado a cabo pola Universidade de Colorado (EEUU). Din estos investigadores que cociñar e limpar, por exemplo, pode ser perxudicial para o ambiente do interior dos nosos fogares. Nese estudo comprobaron que ditas actividades domésticas xeneran uns niveis promedio significativos de químicos volátiles e particulados dentro do fogar, ó que conleva a disminuir o nivel de calidade do aire interior.

En palabras da investigadora e profesora asistente de Inxeniería Mecánica de dita Universidade, Marina Vance “Queríamos saber cómo cambian actividades básicas como cocinar y limpiar, la química de una casa”.

Así que en 2018 levaron a cabo un experimento monitorizando a calidade do aire interior dunha casa fabricada, de 111 m2, no mesmo Campus da Universidade de Texas, en Austin. No transcurso dun mes, reproduciron unha variedade de actividades domésticas diarias e cotiáns (como cociñar, limpar…) que se fan nunha casa. Bo, pois incluso tarefas básicas como ferver auga pode contribuir a xerar altos niveis de contaminantes gaseosos do aire e partículas en suspensión, con impacto negativo para a saúde. Ata o simple feito de facer tostadas elevou ós niveis de partículas moito máis altos do esperado, polo que tiveron que ir axustando moitos dos instrumentos sensibles que usában para dito experimento. De feito, tiñan que estar recalibrando éstos, continuamente.

Por todo isto, e para xa de paso, solucionarche os posibles problemas de humidade que poidas ter na casa, nós estamos en disposición de instalarche un Sistema de Ventilación Mecánica por Insuflación (VMI), que insufla aire a baixa presión, nos distintos locais a tratar, nunha cantidade necesaria e suficiente para que se produza unha renovación constante do mesmo; Eliminando para elo, de maneira rápida e eficaz todos ós elementos nocivos que danan a túa saúde, que poida conter o aire do interior da vivenda. Contacta con nós, e saberás todo ó necesario sobre disto.

FALEMOS DE HUMIDADE E DE ÁCAROS

Sempre dicimos que a humidade nos nosos fogares, facilita a proliferación de ácaros, e que as feces destes provocan alerxias en moitos casos. Pero ¿qué son os ácaros, qué pinta teñen, cómo se relacionan coa presencia dunha maior humidade dentro da vivenda?

Ó ser seres tan diminutos hai quen pensa que son insectos ou incluso bacterias. Nada diso é certo. A resposta acertada, é que se trata dun artrópodo. Son animais da familia arácnida. Iso é, son arácnidos.

Son seres rechonchos, provistos de entre seis e oito patas, e tamén dunha coraza que lles sirve de protección. Fotografíanse con microscopios, porque doutra maneira é imposible velos.

Ácaro ao microscopio electrónico

E non hai dúbida, os ácaros pican. ¿E qué síntomas causan as súas picaduras?

.- Picor na pel, erupcións cutáneas, ronchas, úlceras, sarpullido…

Normalmente as picaduras de ácaros vense na pel como unha pequena (ou non tan pequena, porque tamén poden ir a máis e acabar infectándose) mancha vermella, lixeiramente inflamada.

Hai ácaros que viven no po e ata poden causar reaccións alérxicas importantes. Prosperan en ambientes húmidos. Pero ademáis, istes ácaros poden ser o desencadeante máis común de alerxias e de asma durante todo o ano.

A maioría destes ácaros do po, morren cando os niveis de humidade son baixos. Así que por ahí hai que atacarlles, mantendo por exemplo un nivel de humidade por debaixo do 50%. Fíxate, só con rebaixar un 5% a humidade no teu fogar, estarás dividindo por 6 a poboación de ácaros. Porque, insistimos, hai unha relación alta entre a humidade relativa da túa vivenda e a cantidade de alimentos que os ácaros absorben, así como na producción de feces por parte de éstos.

Así que arranxar os problemas de humidade e de presencia de ácaros no teu fogar, está nas túas mans, está nas nosas mans. Confía e contacta con nós.

A HUMIDADE DESTRÚE EN RIBADEO (LUGO) UN MURAL DO SÉCULO XVII ÚNICO EN GALICIA

A humidade está destruendo dende fai polo menos dous anos, un dos obxectos máis simbólicos da historia de Galicia: un mural de principios do século XVII que ilumina un recoleto Santuario, ó da Nosa Señora das Virtudes en A Ponte de Arante (Ribadeo – provincia de Lugo -). Varios expertos avalan o que se considera o único mural sobre temas do mar do século XVII existente en Galicia.

O seu interese radica en boa medida nas súas pinturas, que ata 1970 estiveron cubertas por cal. Entre elas sobresae un exvoto que relata o milagre da Virxe en favor do navío Santa Catalina, ocurrido en 1595.

A mediados de xuño do ano 2017 viuse como unha pintura que superara a friolera de 400 anos e unha grosa capa de cal, comezaba a ser destruída por unhas humidades que avanzaban dende o exterior do Templo.

Nun acto na propia eirexa, en maio de 2018, no que o profesor Emilio Piñeiroa presentaba un libro sobre dito Santuario, iste docente aproveitou a presenza de autoridades para chama la atención e alertar do que alí estaba pasando co mural. Fai só uns días (esta nova é do día 22 de febreiro de 2019 e foi publicada en “La Voz de Galicia”) técnicos de Patrimonio persoáronse no templo e elaboraron un informe concluinte. A Consellería de Cultura recoñece que as filtracións do exterior están afectando ó mural e que se ten prevista realizar unha intervecnión de urxencia para consolidar as pinturas murais.

O mural do Santuario da Nosa Señora é unha ofrenda de agradecemento do capitán de infantería Domingo de Carranza e Aguiar, que de milagre, salvouse dun naufraxio, atribuindo dito salvamento á intervención da Virxe. Cóntase na pintura que cando en 1595 navegaba cara ás Indias, no cabo de San Antón, o seu navío víuse no medio dunha gran tempestade, ó que provocou que Domingo de Carranza caese ao mar. Foi entón cando se encomendou á Virxe e o mar calmouse, chegando a tripulación sa e salva ó porto. O capitán xa estivera en A Ponte de Arante en 1954 e ao seu regreso en sinal de agradecemento, ordeou pintar o mural, que ten data de 1606.

BEBÉS E HUMIDADE: CONSECUENCIAS DE DURMIR CON MOFO

O exceso de humidade nunha habitación pode causar a aparición de mofo, diminutas esporas que poden entrar nos pulmóns do bebé e crearlle problemas de saúde (alerxias, problemas respiratorios ou infeccións pulmonares).

Dos tres tipos que máis afectan á saúde, destaca un, a Alternaria (que é o tipo de fungo que habitualmente máis medra nas habitacións con humidade). Lóxicamente teñen máis risco de desenvolver enfermidades relacionadas ca humidade os bebés, os nenos pequenos, os anciáns, as mulleres embarazadas, e/ou as persoas cun sistema inmunolóxico máis debilitado.

Se o bebé ten alerxia á humidade, a existencia de mofo na súa habitación provocaralle unha reacción alérxica cos síntomas típicos (ollos chorosos e arroibados, conxestión nasal, esbirros, picores, asubíos no peito, problemas para respirar…)

Por citar un estudo realizado por investigadores da Universidade de Birmingham (Reino Unido) a humidade acumulada no fogar, así como o olor a mofo, duplica o risco de desenvolver asma en nenos de 1 a 7 anos

En definitiva, todo ven a concluir que, si detectas que hai humidade ou mofo na habitación do teu fillo (ou en calquer outro sitio da casa) o noso consello é que deberías solucionar o problema canto antes, porque está comprobado que máis que o tipo de mofo que haxa na túa vivenda, ó que máis perxudica á túa saúde e a da túa familia, é estar moito tempo exposto a dito mofo. E aquí aproveito para dicirche que nós temo-la solución para que te esquezas dél e tamén da humidade, para sempre.

UNHA ONDA DE FRÍO SEMPRE AGRAVA ÓS PROBLEMAS DE HUMIDADE

As ondas de frío que adoitamos sufrir en Galicia, en inverno sobre todo, claro está, ademais de desagradarnos a moitos de nós, adoitan empeorar ós problemas de humidades nos fogares.

Cun brusco e prolongado descenso das temperaturas, experimentamos dentro da casa esa sensación incómoda e permanente de ter unha maior presenza de humidade. Un dos factores que máis influencia ten na humidade da nosa vivenda é a temperatura exterior. Ao disminuir ésta, prodúcese unha maior diferencia de temperatura entre o exterior e o interior. Como consecuencia, a temperatura das paredes en contacto co exterior da nosa vivenda, estarán máis frías. E xerarase un problema de condensación cando o aire do ambiente de dentro entre en contacto cunha superficie que teña unha temperatura inferior á temperatura de rocío.

Así, unha das consecuencias máis habituais e visibles é que se nos embacen os cristais das xanelas da vivenda. Pero, de persistir este fenómeno, é fácil tamén que aparezan manchas de mofo en zoas da vivenda como o contorno das xanelas, por exemplo. Se ademais hai pontes térmicos na vivenda estas consecuencias habituais, vanse a ver agravadas.

E si esto é algo que sucede na túa vivenda durante todo o ano, ó máis importante, ademais de identificar a orixe da humidade, é atoparlle e poñerlle a pertinente solución. E ahí entramos nós, se tí queres.

¿CAL DEBE DE SER O NIVEL DE HUMIDADE IDEAL NUNHA CASA?

Imos definir antes un concepto importante relacionado ca humidade, que é o Punto de Rocío: temperatura á cal o vapor de auga contido nunha masa de aire, convírtese en vapor saturado, dando lugar á aparición de gotas de auga, debido á condensación de dito vapor. Estas gotas adoitan aparecer en superficies frías dentro das estancias da vivenda. E éste é un aspecto moi importante en relación co confort da mesma.

Se a humidade é excesiva, condénsase, como vemos, e iso perxudica ós habitantes pola formación de mofos e a proliferación de bacterias. Pero é que tamén deteriora o mobiliario, a roupa dos armarios, a pintura e os tabiques da vivenda.

Ademais temos que dicir que unha persoa produce de 3 a 5 litros de vapor de auga ó día, ó que hai que engadirlle o vapor desprendido polos alimentos ó cociñar, o dos baños, o da roupa lavada, etc. E outro factor a considerar e que inflúe de maneira notable no confort é a velocidade do aire no ambiente. Un aire en repouso ou ben circulando a unha velocidade apropiada, fai cambear a sensación de benestar que sintamos.

Por tanto, podemos concluir que como apuntan diferentes estudos, o nivel ideal de humidade nunha vivenda está nunha franxa comprendida entre o 40% e o 60% de humidade relativa. Por riba desos niveis, é moi frecuente a aparición de fungos, e as conseguintes afeccións alérxicas das persoas que na vivenda convivan.

PATOLOXÍAS DAS HUMIDADES ESTRUCTURAIS NA EDIFICACIÓN

Estas humidades entrañan riscos para os cimentos e a estrutura dos edificios afectados polas mesmas. Provocadas ditas humidades por fenómenos de condensación, infiltracións laterais e capilaridade.

Por poñer un exemplo, un muro de carga afectado por unha patoloxía de infiltración ou capilaridade, pode chegar a perder ata a metade do seu poder de carga. En casos extremos nos que a estrutura danada polas humidades non soporta a totalidade do peso da carga, pódese chegar a un colapso estrutural. É dicir, a un derrube parcial ou incluso total da estrutura do edificio.

Outro efecto importante é o que ten que ver co consumo enerxético dos aparatos de calefacción: dito consumo enerxético, dispárase ó haber humidade no fogar, porque esta provoca unha sensación térmica de frío..

Un recente informe da OMS (Organización Mundial da Saúde) asegura que máis de 100.000 persoas morren cada ano en Europa por habitar vivendas non acondicionadas adecuadamente. Este informe inclúe a humidade entre os factores de risco asociados á vivenda. Porque a humidade non só afecta á deterioración da estrutura da vivenda, senón que afecta a todos ós habitantes da mesma, como xa dixemos noutras ocasións, podendo chegar a provocar problemas respiratorios, alérxicos, dores musculares e mesmo enfermidades pulmonares.